Non facemos webs para carpinterías metálicas. Nin para bares.
Non facemos webs só para que as presentes en roldas de prensa.
Non facemos webs para cobrar subvencións.
Non somos unha grande empresa
nin queremos selo
Non somos superbaratos
Pero ollo, unha mala web é sempre unha web cara.
Non somos conselleiros sentimentais
Pero podemos solucionarche a relación cos teus amigos, clientes ou socios.
Non temos 15 clientes á vez
Por iso, para nós, ti vas ser importante.
Non somos unha nasa que apañe todo
Se non nos gusta o que queres facer, recomendarémosche outra empresa.