A navalla suíza

Álvaro Gómez, Ordes, 1979

Son programador vocacional dende que alá por 1988 me regalaron un ZX Spectrum 128k. A miña actividade como profesional comeza aos 17 anos como profesor de aplicacións ofimáticas en academias locais, que fun ampliando a administración de servidores e programación web. O meu primeiro proxecto serio (segue en funcionamento!) foi eordes.com, un portal web con información da miña vila. A finais do 2001 comezo a traballar en Acordar, onde participo en proxectos de gran relevancia en comunicación web. Durante os seis anos que botei nesa empresa, o meu traballo máis importante foi o xornal electrónico Vieiros, que reprogramei dende cero. Creei a aplicación de código aberto PHPfileNavigator, e dela teño falado en varias xornadas sobre open source. Nestes momentos son socio nunha compañía de servizos integrais para empresas chamada Simplifica SL, onde nos centramos en solucións web.

Na Navalla suíza o meu labor é conseguir que todo vaia coma a seda, optimizando os recursos dispoñibles e utilizando a mellor e máis recente tecnoloxía.



Proxectos | Rss (chíos) | | Todas as fotografías foron feitas por Roberto Ribao