Berto Yáñez, O Vicedo, 1976
Chámome Berto Yáñez e non son o irmán de
María Yáñez. Dende 1997 levo argallando cousas en internet. En diversas empresas galegas e nalgunha escocesa fun desenvolvendo case todos os aspectos da edición web. Na rede galega fun responsable da creación de proxectos que acadaron certa relevancia como o blog
Aduaneiros sem Fronteiras ou a redesocial
chuza!. Nos últimos tempos o meu traballo é de consultor e asesor de diferentes proxectos na rede. Teño
un blog onde cando teño tempo me dedico a facer hackeos culturais e sobre todo, ao cachondeo en clave de país.
Na Navalla suíza o meu labor é coordinar o traballo dos meus compañeiros é deseñar o funcionamento dos proxectos.