A navalla suíza

María Yáñez Anllo, Lugo, 1978

Non son a irmá de Berto Yáñez. Son xornalista, guionista de televisión e o que faga falta en cada momento dentro diso que se chama contidos. Levo 10 anos traballando na rede, no audiovisual e no xornalismo impreso. Estiven en Vieiros en varias temporadas, a última delas como directora entre 2005 e 2006. Tamén parín, soa ou con outros, algúns proxectos na rede como Bravú.net, Ediciós da Rotonda e os blogs Todo nada e Teleclube. Axudei a desenvolver un bo feixe de ideas de cine e televisión en Continental, e anos máis tarde dirixín para a TVG o documental Linguas Cruzadas e o programa O país dos ananos. Fun guionista dun reality, A casa de 1907, e de varias galas e especiais da TVG. Durante uns anos deume por escribir artigos de opinión, e a algúns xornais por publicarmos, nomeadamente Vieiros, El País e 20 minutos, GPS, Caña e máis, e colaboro co programa Extrarradio da Radio Galega, onde no seu día argallei un concurso musical chamado A polo ghit!

Xunteime na Navalla suíza para deseñar contidos na rede e adaptalos ao Mundo Real™. Quero desenvolver formatos que aproveiten, dunha vez e con xeito, as posibilidades do vídeo en internet.



Proxectos | Rss (chíos) | | Todas as fotografías foron feitas por Roberto Ribao