A navalla suíza

Óscar Otero, Tordoia, 1979

Traballo de deseñador dende hai máis de 7 anos, aínda que creo que sempre o fun. De cativo gustábame debuxar e fixen varios libros de contos, cómics e revistas para regalarllos á miña irmá, ou a algún amigo. Metinme no deseño a través das artes gráficas, pero despois de estudar e traballar un tempo nunha imprenta, decidín facer algo máis creativo e voltei ás clases co obxectivo de ser un deseñador de verdade. Comecei facendo libros, folletos, catálogos e outras cousas de papel nalgúns estudios gráficos. A empresa Acordar serviume para iniciarme profesionalmente no mundo web, e nela fun xefe do departamento de deseño durante máis de dous anos. Nos proxectos gústame reparar en máis cousas cá estética ou a aparencia. De feito prefiro que me chamen deseñador (así, a secas) ca deseñador gráfico. A versatilidade levoume a facer proxectos web en solitario como a web tipográfica letrag. Unha das miñas frases favoritas é de Albert Einstein: “Se non o podes explicar de maneira sinxela, é que non o entendes”. Einstein sería un bo deseñador.



Proxectos | Rss (chíos) | | Todas as fotografías foron feitas por Roberto Ribao