A navalla suíza

Xabier Cid, Ourense, 1975

Deixei unha prometedora carreira como funcionario docente para traballar nunha pequena redacción xornalística. Na revista Tempos Novos aprendín a emitir recibos, a escribir e tamén algúns rudimentos de deseño gráfico e maquetación. Logo fun para unha empresa ferrolá centrada no deseño gráfico que comezaba a facer cousas en web: nela estiven, dunha maneira ou doutra, uns oito anos, aprendendo a comunicar en internet, traballando en todo tipo de tarefas, coñecendo a clientes públicos e privados e pasando por case todas as funcións posíbeis nunha empresa de comunicación, entre elas responsábel da área de produción e da área de consultoría. Cando o ciclo chegou á súa fin marchei para Escocia: alí ando en bicicleta, paseo pola montaña e dedico gran parte do meu tempo a formarme.

O meu papel na Navalla suíza é xuntar as ideas e darlles forma. Entre o acerto e o erro, prefiro o erro: dos éxitos non se aprende.



Proxectos | Rss (chíos) | | Todas as fotografías foron feitas por Roberto Ribao